VISO Editorial publica partituras de obras musicais de compositores galegos dende 1997.
Celébrase este ano o seu 25 aniversario cun concerto conmemorativo que terá lugar no Circo de Artesáns da Coruña, o día 2 de decembro ás 20h00. Interpretaranse diversas obras das publicadas por Viso neste cuarto de século para diversas combinacións instrumentais.
Autores: Gaspar Smith, Marcial del Adalid, Canuto Berea, Prudencio Piñeiro, Juan Castro Chané, Marcial de Torres Adalid e Juan Durán.
Intérpretes: Nilo García Armas, clarinete; Juan Durán, piano e Margarita Viso, piano.
Entrada libre ata completar aforo.

Margarita Viso Soto